<$BlogRSDURL$>

18.9.04

* Øue se estrellen las estrellitas y se hagan mucho daño! * 

En primer lugar, esto que posteo hoy no es porque me interese, que a mí la Mala ni me va ni me viene, pero es que me hizo gracia la forma que tuvo de dar por culo a Lugo xDD:

La Mala Rodríguez suspende verbalmente a súa actuación de mañá en Lugo
- O representante alega enfermidade, pero o Concello non recibe comunicación por escrito nin certificación médica
- Para o mesmo día, 18 de setembro, e á mesma hora ten programada una actuación no municipio vizcaíno de Galdakao


A Concellería de Xuventude informa de que o Concello foi informado de que La Mala Rodríguez non actuará mañá en Lugo, tal e como tiña previsto dentro do Muralla Musik Festival 2004. A Concellería de Xuventude foi informada hoxe aproximadamente ás 12.30 horas por medio dunha comunicación telefónica do representante da axencia que fixo os contactos para a contratación deste concerto.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, foi informada de que La Mala Rodríguez non actuaría mañá en Lugo, supostamente debido a unha enfermidade. A pesar dos sucesivos requerimentos que se lle formularon a través a axencia que xestionou a contratación, á hora do envío da presente nota de prensa non foi recibida no Concello comunicación oficial por escrito nin o certificado médico correspondente.

Os intentos de comunicación telefónica co manager de La Mala Rodríguez, Martín Boragno, foron infructuosos ata pasadas as 15.00 horas. Este representante persoal da cantante, que asinou o contrato co Concello de Lugo, confirmou que La Mala Rodríguez suspendía a súa actuación no Muralla Musik Festival debido a unha enfermidade, e que enviaría por fax a comunicación por escrito xunto co certificado médico non máis tarde das 17.00 horas.

Non obstante, a Concellería de Xuventude comprobou a través de Internet que a artista ten prevista para o mesmo día e hora da actuación programada en Lugo outro concerto no municipio vizcaíno de Galdakao, dentro da programación organizada con motivo das súas festas patronais de Santa Cruz.

A Concelleira de Xuventude obtivo a confirmación telefónica cun representante da comisión de festas de Galdakao da contratación de La Mala Rodríguez para mañá, sábado 18 de setembro. De feito, así figura na páxina web do Concello de Galdakao, no correspondente programa de festas e mesmo noutras páxinas web con informacións musicais (ver información adxunta).

Tras comunicar esta constatación ó representante da axencia que fixo os contactos, quen negou coñecer esta situación, a Concellería de Xuventude fixo durante toda a tarde reiterados intentos para falar co manager, Martín Boragno, sen éxito algún.

Ante a inexistencia polo de agora de confirmación algunha por escrito por parte da artista, a Concellería de Xuventude vese na obriga de poñer en coñecemento á cidadanía da comunicación verbal respecto da ausencia de La Mala Rodríguez no cartel do Muralla Musik, para evitar que o público asistente se sinta mañá defraudado.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, informa de que non puideron facerse xestións para contratar outro grupo para substituíla, porque á hora do envío desta comunicación non se dispón da confirmación por escrito da súa ausencia.

O Concello resérvase o dereito interpoñer as oportunas accións legais a efectos de ser indemnizado por incumprimento de Contrato.

--------------------------------------------------------------------------------
Lugo, 17/09/2004

Comments: Posta un commento

This page is powered by Blogger. Isn't yours?