<$BlogRSDURL$>

23.8.04

* There's nothing left to talk about * 

Cómo nom imos a saber aprecia-la vida se xa de pequenos nom nos ensinan o que é perdela? Xa de lavano-lo cerebro polo menos que o fagan bem, señorxs! É que hai uns días viñeron uns familiares de Alcalá de Henares e, como bos pais que queren ensinar o que é Galiza ós fillos, en troques de leva-los a ver peixes ó Miño, lévanos a pescalos a unha piscifactoría...Sen comentarios...ainda que peor sería que os levaran a pescar ó propio río, claro está. O caso é que, o que son as cousas, ó final ós nenos nom lles gustaban as troitas e ala, foron para a basura...e logo son eu a maleducada porque poño cara de circunstancias mentres pescan. O mundo está tolo! O.ô Menos mal que alí estaba o Nino para darlles uso ás troitas =..)
En fin..E hoxe por certo houbo unha manifa en defensa do Rio Ulla por parte de Adega e algúns máis e, para variar nom me enterei (no enlace tedes fotos e máis informació). E pouco máis que comentar hoxe debido a que fio (por fin) domingo e xa sabedes de qué van os domingos, así que there's nothing left to talk about.
Pensade Irreverente!

Comments: Posta un commento

This page is powered by Blogger. Isn't yours?