<$BlogRSDURL$>

3.5.04

* Galiza somos nós, a xente e maila fala * (Manuel María) 

Sí, poño Galiza pese a que algúns/algunhas poidan dicir, mira esta vai de nacionalista. E nom, eu nom sou nacionalista. Só que este é o meu blog, e digo o que me peta, cáeme ben Manuel María e o seu Soños na Gaiola, Galiza para chamar a Galicia, pois é o nome da rexión celta, tal que Éire é Irlanda, por exemplo. E sí, ante todo Galiza somos nós, a xente e maila fala, nom é cuestión de liñas imaxinarias políticas nin tamices estúpidos, somos nós e punto!

Xa está o caso é q hoxe quería dicir eu que Yann Tiersen mola. Sí, é xenial, divino, bárbaro... (puaj) o que ti queiras, pero é o mellor ^^. Sí o da BSO de Amélie e de Good Bye Lenin, a cal pese ó q diga Cristina, a profesora de Economierda, estivo moi ben. Aquí agasállovos coa portada de "Le phare" que cedo estará nas miñas mans *^_^*:


No inferno nada novo, máis e máis galenistas histéricos polos examen que reclaman o seu fantasma dereito de face-lo que lles da a gana cando donde e a quen lles da a gana. Aburrimento, aburrimento e máis aburrimento. Algún día morrerei afogada no meu propio vómito e nese momento estaré mirando/oíndo unha evax con boca de mascaroelgasto. E de aburrimento tamén. Vómito provocado polo inferno.

Puaj.

-enid-


Comments: Posta un commento

This page is powered by Blogger. Isn't yours?